Se non visualiza correctamente este email, faga click aquí.
EQA ECCOM
Trámite de autorizacións nos bens inmobles
catalogados e declarados de interese cultural
e o seu contorno, en materia de patrimonio cultural
O pasado 5 de Nadal publicouse no DOG a Instrución do 8 de novembro de 2017 da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia relativa ao trámite de autorizacións nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural e o seu contorno, en materia de patrimonio cultural.


O obxecto desta instrución é desenvolver o criterio de interpretación sobre o réxime de autorizacións en materia de protección do patrimonio cultural. Dunha forma concreta, que actuacións sobre bens inmobles protexidos, e mais nos seus contornos de protección ou zonas de amortecemento, non requiren da autorización previa da Consellería de Cultura, por non suporen afección ningunha nin poren en risco os valores culturais protexidos.


Esta instrución aplicarase para identificar as intervencións que non precisan dunha autorización previa en materia de patrimonio cultural en bens inmobles protexidos polo seu valor cultural.


Desenvolvese ista instrucción diferenciando si a actuación é nos bens inmobles protexidos polo seu valor cultural, nos contornos de protección ó nas zonas de amortecemento.


Tamén, nas intervencións de mantemento que teñen un carácter continuo ou periódico, deberá avaliarse a posibilidade de establecer ou requirir a elaboración dun protocolo ou proxecto de mantemento proporcionado á previsión das intervencións ou aos especiais valores culturais do ben. Unha vez autorizado un protocolo de mantemento, a realización das operacións que o desenvolvan ao longo do tempo e ata que sexa necesaria a súa revisión, tampouco precisen de posteriores autorizacións.


Ainda esta instrución non ten os efectos propios dunha norma xurídica de natureza regulamentaria, considérase necesaria a súa publicación para que todos poidan coñecer os criterios que seguirá a Consellaría de Cultura nesta materia, en prol dunha maior transparencia na xestión administrativa e da seguridade xurídica.


EQA ECCOM

Rúa de Ánxel Baltar 6 | bajo 3 | 15706 | Santiago (A Coruña)
Teléfono: 981 53 55 44 | eccom@eqa.es | www.eccomgalicia.es


Conforme á Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que a súa dirección de correo electrónico está incluído na nosa base de datos con obxecto de enviarlle os nosos boletíns dixitais. Se desexa deixar de recibilo, pode Modificar ou Anular a súa subscrición. Para calquera consulta, non dubide en Contactar con nosotros.

Este correo é informativo, pregase non responder a este enderezo de correo, xa que non se atopa habilitada para recibir mensaxes. Se require maior información sobre o contido desta mensaxe, contactar en: eccom@eqa.es
EQA ECCOM ver en español