Si no visualiza correctamente este email, haga click aquí.
EQA ECCOM
Lei 1/2019, de rehabilitación e de
rexeneración e renovación urbanas de galicia
Hoxe, 22 de maio entra en vigor a Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de galicia publicada o pasado día 2 no DOG.


Esta lei xorde co obxectivo de servir como ferramenta legal que facilite as actuacións de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas, coa finalidade de mellorar as edificacións e os espazos públicos e servir ademais de instrumento para o desenvolvemento económico, buscando a preservación do noso patrimonio edificado e a dinamización da actividade comercial dos nosos pobos e cidades.


A lei persegue, en aplicación dos principios de proporcionalidade e eficiencia, simplificar as tramitacións administrativas necesarias para a realización das actuacións de rehabilitación, co fin de impulsar a participación pública e privada nas actuacións de rexeneración e renovación, desta forma EQA ECCOM mellora o labor para informar e certificar a conformidade municipal das actividades de nova implantación e actualización das existentes.


Entre as principais novidades figura a simplificación dos procesos para rehabilitar, ampliando os supostos para a concesión de licenzas directas por parte dos concellos. A potestade municipal servirá para abordar sen máis trámites as reformas en cubertas, carpinterías exteriores, fachadas e traballos no interior das edificacións. Poderanse unir os locais de negocio en plantas baixas de varias edificacións. Inclúense así mesmo medidas orientadas a axilizar a tramitación das autorizacións administrativas para as intervencións de rehabilitación nos camiños de Santiago.


EQA ECCOM

Rúa de Ánxel Baltar 6 | bajo 3 | 15706 | Santiago (A Coruña)
Teléfono: 981 53 55 44 | eccom@eqa.es | www.eccomgalicia.es


Conforme a la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal, le informamos de que su dirección de correo electrónico está incluido en nuestra base de datos con objeto de enviarle nuestros boletines digitales. Si desea dejar de recibirlo, puede Modificar o Anular su suscripción. Para cualquier consulta, no dude en Contactar con nosotros.

Este correo es informativo, favor no responder a esta dirección de correo, ya que no se encuentra habilitada para recibir mensajes. Si requiere mayor información sobre el contenido de este mensaje, contactar en: eccom@eqa.es
EQA ECCOM Galego